domingo, 30 de xaneiro de 2022

30 de xaneiro, Día da Paz e a Non Violencia.


Hoxe celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte as inxustizas. 
A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para recordar cada 30 de xaneiro. No Día da Paz, todos os centros educativos amósanse como defensores da paz e o entendemento entre as persoas de distinta procedencia e xeitos de pensar.

Unha educación inspirada na cultura da non violencia e a paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforzan o seu desenvolvemento como cidadáns e cidadás globais, críticos e comprometidos cos seus dereitos e os das outras persoas.

Por iso, este ano decidimos traballar o Día da Paz e Non Violencia a través do ODS 4: EDUCACIÓN DE CALIDADE dentro do noso PDI #esPazODSparaaconcienciACCIÓN, xa que e o acceso a unha educación de calidade pode axudarnos a facer un mundo mellor, máis resilente e comprometido coas desigualdades, no que ninguén quede atrás para poder cumprir coa folla de ruta da Axenda 2030.





"Moita xente pequena, en lugares pequenos,
facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo"
Eduardo Galeano.

#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

Ningún comentario: