venres, 22 de abril de 2022

Contacontos LSE

Mañá, 23 de abril, é o Día do Libro, e hoxe tivemos unha sesión de contacontos en Lingua de Signo (LSE) grazas á Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra

Dende a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra están a realizar actividades encamiñadas a fomentar a Lingua de Signos, a integración e a educación en valores. Nesta ocasión, para realizar ese primeiro contacto dos nenos e nenas coa Lingua de Signos e a comunidade xorda editaron un conto sobre o Camiño de Santiago que ten como protagonistas a un grupo de animais. 


Imitando os signos dos animais e das cores que van aparecendo ao longo da historia, fixemos voar a imaxinación. Aprendimos a signar can, bolboreta, tartaturga, esquío... azul, rosa, amarelo, marrón... O carácter visual da lingua de signos capta a atención dos máis pequenos, participando na historia a través da imitación e a repetición dos signos. 

Tartaruga
Esquío

Aprendimos tamén a signar o noso nome, empregando o alfabeto dactiloóxico. Todo un exercicio de coordinación fina!





(Hai máis fotos, que podedes ver premendo en calquera das imaxes desta entrada)

Por se algún quere repasar e non se lembra, por aquí vos deixamos este vídeo co alfabeto dactilolóxico completo. A practicar!


Grazas á Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra por facer un pouco máis inclusiva a nosa Biblioteca, achegando a LSE aos máis pequenos.
Porque os libros falan en moitas linguas, e tamén en LSE!

Ningún comentario: