Hoxe tivemos a sorte de contar con Damián Alonso de SoloVoz, actor de dobraxe e todo un especialista no uso da voz. Ensinounos unha chea de recursos narrativos á hora de mellorar a nosa lectura en voz alta, como se dun obradoiro de interpretación se tratara.
E nós, como vos aprendices, puxémolos en práctica a través da lectura compartida do conto "A araña que lles tiña medo ás arañas", de Ramón D.Veiga, que por certo estará o vindeiro día 6 de maio en Cantón 4 asinando os seus libros.
Foi unha tarde estupenda na que gozamos moito descubríndonos, escoitándonos e interpretando xuntos esta historia, que non é outra que a nosa propia.
E para despedirse, Damián asinou no noso libro de visitas, e sacámonos unha foto todos xuntos. Sen dúbida, unha tarde que permanecerá nos nosos recordos durante moito tempo.
Grazas pola contada compartida.
Por moitas máis tardes coma esta!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario