Que ganas tiñamos de voltar de visita ao IES de Catabois. Levábamos dous cursos sen poder achegarnos por mor da pandemia e botábamos de menos estas xornadas de intercambio. Na semana do Día do Libro sempre organizan unha chea de actividades que gostan de compartir con nós, e claro... Cómo íamos dicir que non!
Comezou o día cunha Andaina Solidaria pola estrada de Catabois en favor dos refuxiados do conflicto de Ucrania en colaboración coa organización Save the Children.
A continuación puidemos ver a exposición Unha imaxe para mil palabras, organizada pola Biblioteca, que relaciona literatura e artes plásticas.
Fotografías cedidas polo IES de Catabois
Despois, participamos en dous obradoiros de refugallo. No primeiro elaboramos unhas carteiras con envases de tetrabrik, impartido polo profesor de Educación Plástica do IES. E no segundo, realizamos unha escultura proxectable con con botellas de plastico, dirixidos por un antigo alumno, o ilustrador Iago Torres París.
E coma sempre, houbo un mercadillo solidario de libros lidos, no que aproveitamos para facernos con algún exemplar, xa que ás veces aparecen xoias descatalogadas que son xa imposibles de conseguir doutro xeito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario