venres, 13 de maio de 2022

As letras galegas 2022 para Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) é o persoeiro escollido este ano pola Real Academia Galega para seres homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022. Galeguista e revolucionario, viviu na emigración do exilio unha vida chea de atrancos pero tamén de alegría e amor pola nosa língua.

Recoñecedor, xunto a Carvalho Calero e Paz Andrade da universalidade da língua galega, apostaba pola reconquista da fala grazas ao pobo, coa lusofonía como punto de encontro.



A continuación tedes un montón de recursos sobre Florencio Delgado Gurriarán aos que podedes acceder para traballar sobre a figura do homenaxeado premendo nas imaxes a continuación.

Primavera das Letras, da Real Academia Galega

As letras de Florencio

Seminario Galán

E finalmente aquí vos deixamos o poema musicado "Aí ven o maio" de Florencio Delgado Gurriarán sobre o mes de maio; un canto á natureza e á primavera grazas aos nenos e nenas de infantil do CEIP Juio Gurriarán, do Barco de Valdeorras. Bravo por eles!


Que veñan mil primaveras máis para a nosa língua!
Vivan as Letras Galegas!

Ningún comentario: