venres, 13 de maio de 2022

E así celebramos as Letras Galegas!

Aínda que faltan uns días para o 17 de maio, data na que se publicou por vez primeira Cantares Galegos de Rosalía de Castro, hoxe tocou celebrar as Letras Galegas adicadas a Florencio Delgado Gurriarán.

Ao longo da semana estivemos traballando nas aulas sobre a vida e a obra do homenaxeado, elaborando as páxinas do libro colectivo que facemos cada ano, pero hoxe tocaba celebralo dun xeito especial.

Na primeira parte da mañá puidemos aprender un chisquiño máis sobre a vida do poeta homenaxeado este ano grazas a Paula Regueiro de Trémola Teatro, cunha entretidísima sesión de contacontos teatralizado na que coñecimos algúns dos seus poemas a través dunha viaxe sobre as costumes e feitos doutras épocas, achegándonos así ás nosas tradicións.

Estivemos superatentos, estaba isto para non perder detalle, pero é que ademáis de aprender un montón de curiosidades sobre Florencio Delgado Gurriarán, pasámolo moi ben e iso notábase nas nosas caras. 







Ao rematar, ademáis, puidemos falar con Paula Regueiro, e observar moi de preto todo o atrezzo que empregou neste contacontos tan especial.



Como sempre, se premedes en calquera destas fotos, podedes acceder ao álbum completo.

Que vivan as Letras Galegas!!!

Ningún comentario: