mércores, 18 de maio de 2022

Un Lectura e Familias para aprender a falar da guerra

Hoxe tivemos unha nova sesión do Lectura e familia para medianos e maiores no que abordamos un tema tan complexo como a guerra, contada a través de 5 + 1 relatos. Un obradoiro de intelixencia emocional co que traballar a resilencia, a empatía e a resolución de conflictos a través da palabra dunha forma construtiva e solidaria.


Escollimos estes catro relatos: Guernica, A historia de Erika, Las zapatillas rojas e Akim corre, por tratarse de álbumes ilustrados nos que gran parte do peso da narración recae sobre as imaxes.

Despois, e tras facer algunha reflexión en voz alta sobre os relatos, traballamos unha última historia sobre a guerra moito máis amable e divertido. Trátase de "Marce, o carteiro", de autoría descoñecida, e que xa traballáramos alá polo 2008, no que os seus protagonistas teñen que escoller entre GUERRA ou CHOCOLATE. A verdade é que a resposta é contundente. Quen vai preferir a GUERRA se hai CHOCOLATE???

Para finalizar a sesión, grabamos os podcasts da historia que darán pe a unha montaxe audiovisual.


Ningún comentario: