venres, 7 de outubro de 2022

Xa temos a Biblio aberta nos recreos

Que ganas tiñamos de recuperar a normalidade nos recreos. A nosa Biblioteca volve a ser punto de encontro, abrindo as portas para todos e todas nos recreos. 

E que facemos na Biblio durante os recreos? Pois de todo! Todos os libros, materiais, xogos, recursos están a nosa disposición, convertindo a nosa biblio nun fervedoiro de actividade durante os recreos. E se non o credes, mirade, mirade...

Coma sempre, premendo en calquera das fotos accedes á galería completa.








Este ano, usaremos un bibliobono personalizado para explorar todos os recunchos da biblio e así aproveitar mellor os recursos dos que dispoñemos facendo un rotatorio por todos eles antes de cambiar o bono. 

BiblioBono para os peques do cole.

BiblioBono para Primaria.



Se aínda non pasaches pola Biblio durante os recreos, ven e verás cántas cousas podes facer. 

Ningún comentario: