venres, 7 de outubro de 2022

Por fin! Equipo Biblio na B.E. Xoán Farias

E por fin, tras dous anos de protocolos COVID nos que os Equipos de colaboradores da Biblio tiñan as funcións tan restrinxidas que facían imposible o seu funcionamento, a Biblio Xoán Farias volve a ter Equipo Biblio, pero... que digo equipo,

E Q U I P A Z O!!!

Celine, Óscar, Diego, Jimena,

Uxía, Mario, Siney e Aroa.

Todos eles estiveron dacordo en asumir os compromisos de colaboradores da Biblio e asinaron un contrato con Chispa, que xa vedes que quixo posar con eles para a foto.

Repasamos a organización dos fondos grazas a nosa CDU inclusiva e leváronse como agasallo unha axenda, uns marcapáxinas cos dous últimos lemas da Asesoría de Bibliotecas Escolares e un lapis.

A partir de agora, nos recreos teremos a sorte de contar cuns colaboradores excepcionais. 
Grazas rapazada!

Ningún comentario: