venres, 14 de outubro de 2022

Ioga na escola

Como o curso pasado tivemos tan boa experiencia co ioga grazas á profe Lali, con quen tivemos a gran sorte de compartir o último trimestre, para este curso quixemos contar con ela xa desde o principio, así que teremos unha sesión de ioga unha vez ao mes con ela.

Aí tedes as datas nas que teremos ioga na escola durante o primeiro trimestre: 

Venres, 14 de outubro de 2022

Venres, 18 de novembro de 2022

E venres, 16 de decembro de 2022.

É moi importante lembrarse de traer roupa cómoda eses días.

Así que este venres tivemos a nosa primeira sesión iogui, chea de reencontros para a maioría, pero tamén chea de novas sensacións para os máis peques do cole.   

E como unha imaxe vale máis que mil palabras, velaiquí tedes un pequeno resumo en imaxes do que sucedeu.











Coma sempre, premendo en calquera das imaxes accédese á galería completa de fotos.

Grazas Lali. Xa estamos desexando que voltes.

Ningún comentario: