O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Este ano celébrase baixo o lema “Antes, durante e despois das guerras”, nunha homenaxe ao papel fundamental que cumpriron as mulleres en situacións de conflito bélico.
Desde a B.E. Xoán Farias as nenas de 2º a 6º de Primaria leron unha escolla dos textos propostos pola Asesoría de Bibliotecas Escolares para conmemorar esta data.
Porque é moi necesario visibilizar ás mulleres en todos os campos, desde a nosa biblioteca, velaiquí tedes a nosa homenaxe. Polas que foron, polas que son e polas que serán.
Felices lecturas, en feminino, plural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario