venres, 11 de novembro de 2022

Isto é toda unha provocación...

Pero que foi o que sucedeu esta semana no cole? Aínda non volo contaron? Pois o que sucedeu foi toda unha PROVOCACIÓN!!!


Pero non unha provocación calquera, senón unha provocación fundamentada na pedagoxía Reggio Emilia: un conxunto de elementos dispostos coa intención de estimular, desafiar ou causar algún efecto nos que a miran.

A nosa está baseada nunha mistura entre o filme "Billy Elliot" e a reconversión do naval de Ferrolterra, pois serán os eixos sobre os que xirará o musical que compartiremos con todas as familias este Nadal. 

A través da rutina de pensamento "VEXO - PENSO - PREGÚNTOME" exprimimos ao máximo esta instalación. E eiquí tedes os vídeos que recollen as testemuñas do alumnado.

Atentos! Que estes pequenos contan moitas cousas!





#espazODS_para_a_concienciACCIÓN

Ningún comentario: