venres, 18 de novembro de 2022

Novembro: mes da ciencia en galego (3ª edición)

E chegou novembro e toca gozar da ciencia. E facémolo en galego, normalizando a nosa lingua en todos os ámbitos. 

Na entrada do cole temos unha exposición con libros e material  científico e tecnolóxico diverso, pero tamén unhas infografías de mulleres científicas galegas. Este ano incorporamos á nosa colección a María José Alonso, primeira muller na Real Academia das Ciencias e a Deborah García Bello, grande divulgadora científica que lle dará nome a unha das pezas fundamentais do proxecto de Polos Creativos: o novo laboratorio de experiencias.


Unha das finalidades desta actividade é a de fomentar a vocación científica nas nenas. Temos que insistir na importancia de educar en igualdade, visibilizando os referentes femininos, poñendo en valor o seu traballo e fomentando as vocacións femininas nas carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

Un ano máis, organizamos unha xornada de experiencias científicas na Biblioteca para cada un dos grupos nas que a través da metodoloxía IBSE (Inquiry based science education) e con sinxelos experimentos poidan achegarse ao método científico, facéndose preguntas, explorando posibilidades, establecendo hipóteses e chegando ás súas propias conclusións.


Pero de seguro que queredes ver ás verdadeiras protagonistas en acción, verdade? Ao longo destes días iremos actualizando o álbum, pero mentras, deixámosvos por aquí unha mostra das actividades realizadas este novembro: mes da ciencia en galego.


Nesta imaxe tamén tes o acceso ao álbum completo.














Que viva a ciencia en galego!!!




#espazODS_para_a_concieciACCIÓN

Ningún comentario: