xoves, 23 de febreiro de 2023

A nosa Rosalía, "despechá".

Con motivo do Día de Rosalía, o alunmado de 3ºde EP argallou xunto cos seus profes Inés, Sandra e Pablo un vídeoclip no que se fusionan a canción “Despechá” da artista contemporánea Rosalía, con algúns versos e referencias á nosa gran poeta do mesmo nome.
A actividade serviu para achegar a vida e obra de Rosalía de Castro a un grupo que tiña como centro de interese esta canción. Ás veces hai que buscar puntos de conexión entre modernidade e tradición, por moi alonxados que parezan.


Bravo pola vosa creatividade! 
Agardamos que a cantedes e bailedes moito con esta versión de Rosalía (de Castro).

Ningún comentario: