venres, 24 de febreiro de 2023

Voluntariado de lectura: Celine conta "O gato con botas"

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo de fotografías.

Hoxe, durante a "Hora de ler", Celine contou na nosa biblioteca e para todos os peques de Pazos a historia de "O gato con botas", o clásico de Charles Perrault. A maioría deles vira a película, que a factoría de DreamWorks adorna engadindo diversas personaxes e aventuras simpáticas, pero ningún deles escoitara xamais o conto. 
Menos mal que Celine estaba disposta a poñerlle solución e contounos con moitísimo detalle as artimañas deste gato e o fillo do muiñeiro, o plan que ten para vivir coma un marqués e cómo logra enganar ao ogro do castelo para facerlle ver ao Rei que o seu dono é digno de casar coa súa filla.




Grazas Celine por esta marabillosa sesión de lectura compartida.

Ningún comentario: