luns, 27 de febreiro de 2023

E así foi o noso primeiro Lectura e Familias.

Sabemos o importante que é comer ben, e sabemos que é moi importante facelo ao longo de toda a vida. Pero ás veces non está de máis recordar que "comer ben" é unha aprendizaxe esencial durante a infancia, xa que axudará a os nosos fillos e fillas a facer unha escolla saudable e conciente da súa alimentación tamén na idade adulta. 

Grazas a Silvia Méndez, de V de Vegetal, descubrimos cómo sacarlle todo o zume aos libros de receitas, cociñando xuntos e creando vínculos en torno á comida e os hábitos saudables de alimentación. 



Comezamos na nosa Biblio, falando dos alimentos, da importancia de que sexan alimentos de proximidade para que o seu aporte de nutrintes sexa o óptimo, do que comen os nosos fillos, do valor nutricional do que comen, e moitas máis cousas.

E por supostísimo... estaba claro que nun obradoiro de nutrición había que cociñar. Así que mans á obra: Subimos ao noso recén estreado laboratorio dispostos a aprender dúas receitas supersaborosas e saudables que ademais son aptas para o almorzo, a merenda ou a cea. Tomamos boa nota delas, porque de seguro que moitas familias incorporarannas a os seus menús a partir de agora.



En primeiro lugar, aprendimos a facer unhas mini-tortas de trigo sarraceno ás que engadimos banana e leite de améndoas. 
Fanse nun suspiro, os peques poden colaborar, valen tanto para o almorzo como para a merenda - incluso a cea se non sodes de moita comida-, podémolas acompañar de froita, queixo ou o que se nos ocorra e ademais estaban increíblemente boas. 
A verdade é que non temos excusas para non facelas na casa, verdade?




E tamén fixemos unhas papas de avea en leite de améndoa - porridge -  ás que lles engadimos froita e froitos secos. Toda unha delicia! 
Mentras cociñaba, Silvia aproveitou para falarnos dos procesos que sufren os alimentos mentres os cociñamos e aprendimos a mellorar as nosas técnicas culinarias para que os ingredientes non perdan parte dos nutrintes polo camiño. 

E para rematar, fixemos lectura da etiquetaxe dos alimentos e vimos cómo en moitas ocasións eses "semaforos nutricionais" que traen os envases xogan a facer trampas. Temos que estar moi atentos!


A verdade é que cada vez que vén Silvia, de V de Vegetal, polo cole quédanos un sabor de boca delicioso e co último bocado, xa estamos pensando en repetir. Hummmm! Unha experiencia deliciosa!

Ningún comentario: