martes, 28 de febreiro de 2023

Voluntariado de lectura: Diego e Jimena contan "Pollito Benito"

 Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo desta sesión.

Esta parella o tiña clarísimo: se pensan nun conto para contarlles aos peques do cole sabían desde o primeiro instante cal ía ser. Aquel que recordaban ler cando eran tan pequenos coma eles e viñan á biblio na súas primeiras veces... aquel conto que algún maior leu para eles en algún momento, ou que levaron emprestado para casa. 

Pollito Benito pertence á colección Bichitos curiosos, escritos por Antoon Krings, da editorial Blume. E ese foi o escollido. Mentras Diego ía narrando a historia, Jimena representaba con animaliños a historia deste entrañable pito ao que lle suceden moitas aventuras xunto a outros animais da granxa. E os peques, claro, cos ollos abertos sen perder nada da historia, por suposto!



Moitas grazas a Diego e Jimena por esta contada!



Ningún comentario: