martes, 28 de febreiro de 2023

Un Lectura e Familias para gozar do teatro.

Nesta sesión de Lectura e familias queremos convidarvos a descubrir o divertido que pode ser o teatro e cómo achegarse aos textos teatrais dun xeito lúdico. 

E para iso Manel Dopico, o pai de Manu, animouse a compartir con nós a súa experiencia como actor de teatro nunha sesión na que nos achegaremos ao teatro lido e á improvisación  como unha forma de gozar do tempo de lecer.

Esta sesión está orientada para o alumnado con certo grado de competencia lectora, de 3º a 6º de Primaria principalmente, xa que se trata dunha actividade de teatro lido ou teatro improvisado.
Se ben é certo que estamos abertos á participación de nenos e nenas máis pequenos se por temas de conciliación familiar non tedes outra forma de participar.

Podédevos anotar a través do formulario, premendo na imaxe do cartel. Animádesvos?

Ningún comentario: