martes, 21 de marzo de 2023

Comeza a primavera chea de poesía.

21 de abril: comeza a primavera e enchemos o cole de poesía.

Celebramos o Día da Poesía facendo lecturas colectivas de poesía aproveitando, e alongando, a nosa "Hora de Ler".

Os peques de 3 anos gozaron con "Rumor de Rimas" un libro-disco de poemas escritos por Antonio Rubio, ilustrados por Luis de Horna e cantados polo grupo Poemúsica.

Os peques de 4 anos divertíronse con "Poesía a lo bestia", de Mar Benegas y Guridi publicado por Litera, un libro cheo de divertidos poemas cun toque gamberro e fresco co que xogar a identificarse.

Os peques de 5 anos leron "Poemas de caramelo", de Marisa López Diz, da editorial Pintar Pintar: Dez pequenas historias rimadas onde animais e obxectos cotiás cobran vida para sorprendernos coas súas ocurrencias. Tamén xogaron a compoñer as súas propias poesías ordeando as palabras de "Poesía. El primer libro de poemas escrito por ti", de María Isabel Sánchez Vegara publicado por La Galera, cuns resultados tan tolos que só poden provocar gargalladas a cachón.

Pola súa banda, o alumnado de Primaria xuntouse na Biblioteca para facer a súa lectura colectiva, coa que entre risos e complicidades, achegáronse a este xénero literario a través de "O meu gato é un poeta" de Fran Alonso e "Rata Linda de Compostela" de Bernardino Graña.



E non podemos esquecernos d@s Rebuldeir@s, que aproveitaron o bo tempo para ler poemas ao aire libre e confeccionar marcapáxinas e pulseiras en forma de bolboreta con pareados cos seus propios nomes para conmemorar este día, no que primavera e poesía danse a man.

Feliz Día da Poesía!

Ningún comentario: