martes, 20 de xuño de 2023

Despedimos o Lectura e familia: Libros de familia con Pablo Otero

Nesta imaxe tes acceso ao álbum completo.

Rematamos o Lectura e Familias deste curso coa presenza de Pablo Otero cun obradoiro de "Libros de familia"; libros-obxecto cunha historia que contar, que van máis alá do meramente literario ou do visual, para entrenar a actitude lectora a través da exploración, empregando os sentidos, pero tamén o pensamento como medio para  coñecer a realidade que observamos.









E esta son todas as nosas obras de arte! Unha fermosa biblioteca con libros de familia, cunha chea de historias para contar!


Que viva o Lectura e familias da Biblio Xoán Farias!!!

Ningún comentario: