mércores, 21 de xuño de 2023

Proxecto Humanae, en colaboración coa biblioteca das Heroínas de Sálvora

E por fin, benqueridas familias, desde o AMBIENTE DE ARTE querémosvos amosar a nosa derradeira exposición.

Todo comenzou coma unha tolería máis, á que fomos convidados desde Aguiño (Ribeira) polo CEIP Heroínas de Sálvora. Puidemos comprobar como dun estímulo sinxelo pode brillar a MAXIA.

O que en principio era unha experiencia da aula de 4 anos, xurdida no ambiente de arte, convertiuse nun gran proceso. A profe Lucía  tiña as cores da caixa Montessori un pouco misturadas, o que nos serviu coma provocación. Así, coa nosa caixa acudimos ás outras aulas para descubrir como lles chamaban eles ás diferentes tonalidades de marrón. Descubrimos que desde os máis pequeños ata aproximadamente os Tritóns, todos coñecíamos a “cor carne”, mais nos cursos dos maiores empezaban a soar o cor “café con leite”, “marrón clariño”, “chocolate fundido”, etc. para definir estas cores.

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum con todas as fotos do proceso.

E nesta outra tes acceso ao álbum cos vídeos de todo o proceso.

Pero a realidade era outra. Lucía recibira unha postaliña que espertou a súa tolería. De seguido, comezamos a ter provocacións nos faladoiros, provocacións que dende a aula de 4 anos íamos descifrando facendo “Filosofía para Nenos”, reflexionando sobre as cores, as posibilidades, dándolle novas utilidades e ata inventando mundos imaxinarios. Mirábamos, sentíamonos e descubríamonos.

Pensábamos e repensábamos na nosa cor, nos miramos en espellos e proxectamos coñecementos. Pero non todo é como pensamos, a pesar de facer verdadeiras obras de arte co noso autorretrato... Fomos ás agochalladas a fotocopiarnos, diredes para que? Pois como eles mesmo dixeron: 

“A pel e unha “tapa” o que nos define e o que temos por dentro. 

E que cor temos dentro? Cor Carne? Nooooon.”

De seguido, e mantendo a intensidade que nos caracteriza, montamos o noso museo para que todos desfrutárades o noso proceso, mais… neste caso non podía ser que só nos soubéramos que NON É COR CARNE, QUE SE CHAMA COR NÁPOLES, e por que? Porque grazas os compañeiros de Aguiño e o seu cole, CEIP Heroínas de Sálvora, descubrimos a Angélica Dass e o seu Proxecto Humanæ.


Como Angélica Dass fixo exposicións polo mundo, pois nós non íamos ser menos. A Aguiño non tiñamos posibilidade de viaxar, a pesar de que buscamos no mapa diferentes rutas. Así que montamos a nosa expo co mundo de Pazos: acudimos a cada aula pedindo colaboración; contamos a historia do CEIP DE HEROÍNAS DE SÁLVORA, de Angélica Dass e o seu proxecto; E como neste cole somos activos por natureza, TOD@S PARTICIPAMOS.

Aula a aula, persoa a persoa, fomos creando os nosos autorretratos, compoñendo un gran mural no que como explicábamos, Angélica Dass nos manda 3 misións:

  • A primeira, eliminar a cor carne da nosa mente e mudala por COR NÁPOLES;

  • Segunda, continuar o legado de Angélica Dass e elaborar o noso autorretrato.

  • E por último, compoñer o noso PANTONE ao igual que o fixo Angélica Dass arredor do mundo.


E así compuxemos un gran mural onde podemos comprobar que cada quen ten o seu propio PANTONE e polo tanto a cor carne xa non é tan universal, senón que somos pouquiños os que temos a COR NÁPOLES ou PANTONE F9BDA1.

Esta é a nosa historia, esperemos que a gozárades tanto coma nós e vémonos nos museos!

Grazas pola vosa colaboración.

Grazas pola maxia de toda a rapazada miúda.

Grazas a Chispa por crer nesta experiencia.

Grazas compañeir@s pola axuda.

Grazas unha vez máis, as compañeiras de Aguiño pola súa tolería.

Grazas ao CEIP Heroínas de Sálvora por alimentar a apredizaxe.

E grazas a todo Pazos por facer camiño.  




 Tod@ nós, sen etiquetas.
Esta imaxe darache acceso ao álbum completo con todos os Pantone.

E estes somos tod@s nós, agrupados por aulas.








Ningún comentario: