venres, 20 de outubro de 2023

Ponte no meu lugar - ASPANEPS

Como en cursos anteriores, este venres tivemos a esperada visita da Asociación ASPANEPS.  Unha vez máis fixeron un traballo moi importante de concienciación co alumnado de 5º e 6º, achegando a Campaña Ponte no meu lugar aos nenos e nenas maiores do centro. 

Preme nesta fotografía para acceder ao álbum con todas as imaxes deste día.

Despois dunha longa charla entre todos, fixemos unhas actividades de sensibilización e de aceptación das nosas diferenzas nas que todas e todos participaron activamente. Cómo se nota que é un grupazo ben cohesionado!

Despois fixemos un percorrido en cadeira de rodas polo centro onde puidemos detectar moitos puntos problemáticos de accesibilidade, aínda que este curso, coa rampa melloramos moito, pero claro... o ascensor aínda non funciona!




Tamén fixemos un percorrido "a cegas", axudados dun compañeiro e démonos conta das dificultades tan grandes que teñen as persoas cegas ou de baixa visión cando un edificio non está adaptado. Menudo exercicio de confianza cega!



Para rematar a xornada ensináronnos a maquina de extruído e compactado coa que fan moitísimas cousas cousas co plástico dos tapóns dos envases. E que estes rapaces e rapazas ademáis de ser  moi traballadores teñen conciencia ecolóxica. 



Moitas grazas pola visita e agardamos que o noso centro e moitos outros vaian reducindo as súas barreiras, xa sexan arquitectónicas, culturais ou sociais que dificulten o acceso ás persoas con certas discapacidades físicas ou intelectuais.
E por suposto que non se poida discriminar ás persoas pola súa idade, diferenzas de calquera tipo ou condicións funcionais... 
Cremos que, por fin, comprendemos que todos e todas somos diferentes e que cada un de nós ten unhas capacidades distintas das dos demais que deben ser respectadas.  

 
GRAZAS POLA VOSA VISITA E POLA VOSA AXUDA.

Ningún comentario: