mércores, 4 de outubro de 2023

Xa temos Equipo Biblio para este novo curso!

Adriano, Manu, Xoel, Roi, Julen, Emma, 

Uxía, Irene, Erik e Leo.


Eles son o novo Equipo Biblio para este curso. 

Hoxe asinaron os seus compromisos con "Chispa" e recibiron a primeira formación de usuarios sobre  catalogación e ordenación de fondos.



Recibiron os seus distintivos de voluntarios da Biblioteca e un agasallo moi especial: un lapis co nome da nosa biblio e unha libreta con información sobre as Bibliotecas Escolares Galegas. Nelas, ademais de informarse dos programas da Asesoría de Bibliotecas Escolares poderán  anotar todo o que eles queiran e que non se lles escape ningún detalle.




A partir de agora formades parte do Equipo Biblio!
Benvidas e benvidos.
A biblio Xoán Farias é a vosa segunda casa.

Ningún comentario: