mércores, 20 de decembro de 2023

Charla para o alumnado do Plan Director para a Convivencia

Hoxe tivo lugar unha charla informativa para o alumnado de 3º a 6º de Primaria sobre o Plan Director para a convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súas contornas.


Preme nesta imaxe para acceder a todas as fotos.

Juan José Vila, delegado de participación cidadá da Comisaría de Policía de Ferrol - Narón abordou as mesmas temáticas que coas familias, desde a perspectiva do alumnado, quen participou moi activamente, verbalizando moitas das súas inquedanzas. 

Ao igual que coas familias, falaron de: 
  • Acoso e ciberacoso.
  • Ciberseguridade, especialmente no ámbito das redes sociais.
  • Protección legal de datos persoais.
  • e outras adicións, como as apostas ou vídeoxogos.


Ningún comentario: