mércores, 20 de decembro de 2023

E chegou a maleta de Chispa

 Chis, chis, plof, plof! Chis, chis, plof, plof! 

Ese particular son que revoluciona ao colexio enteiro volveu soar esta mañá ben cedo! Así que alá fomos, todos correndo cara a biblioteca porque estabamos seguros de que Chispa acababa de pasar polo cole! Seríamos capaces de cazala???

Pois non! Outra vez se nos escapou! Dende logo... éche unha intrépida esta Chispa! 

Ver, non a vimos, pero o que si... deixounos a biblioteca cheíña de libros e máis cousiñas. Novidades lectoras, sobre todo en banda deseñada, que xa sabedes que este ano vai diso o lema da Asesoría de Bibliotecas Escolares e que é unha excusa perfecta para ir completando a nosa colección. Canto sabe esta Chispa!


Aaaah! E que non o dixemos. Ademais da morea de novidades para todos os gustos e idades, Chispa deixounos unha carta, que atopou Julietta e que nos leu Roi para que todos e todas puidésemos escoitar a mensaxe que tiña que contarnos Chispa, que xa sabedes que non para de argallar cousas:

E nos dixo que hai que deixar o camiño social alquitranado porque nel se nos quedan pegadas as pezuñas... Será que a Chispa tamén lle gusta Extremoduro ou será que nos escoita ensaiar a todas horas?

Felices lecturas no Nadal!





Ningún comentario: