venres, 19 de xaneiro de 2024

Superheroes e superheroínas, sen capa

Na xornada de hoxe, alumnado e profesorado, recibimos unha charla formativa sobre primeiros auxilios: R.C.P. e soporte vital básico, grazas a unha enfermeira e tres médicas residentes de Medicina Familiar da Área Sanitaria de Ferrol, en colaboración coa Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e á Unidade Docente Multidisciplinar de Atención Familiar e Comunitaria da Área Sanitaria de Ferrol.


Descubrimos que todos e todas podemos converternos en superheroes e superheroínas e que non se precisa levar capa para salvar vidas. Para iso, temos que aprender a actuar desde idades temperás en casos de emerxencia, en primeiro lugar pedindo axuda chamando ao 112, e despois iniciando as manobras correspondentes de soporte vital básico mentras que non chegan os servizos médicos.

Preme nesta fotografía para acceder ao álbum completo.

Tomamos nota desta regra para lembrarnos sempre do número de emerxencias:
1 BOCA - 1 NARIZ - 2 OLLOS

Aprendimos a colocar a unha persoa inconsciente na posición de seguridade:

A actuar en caso de atragoamento en bebés, nenos e adultos, animando a tusir, golpeando nas costas ou coa manobra de Heimlich.


E tamén, aprendimos a iniciar a manobra de Reanimación Cardio Pulmonar mentras non se busca un DESA (desfibrilador semiautomático externo) e ata que cheguen os servizos médicos.





Foi unha actividade fantástica na que grandes e pequenos aprendimos unhas técnicas de primeiros auxilios básicas que nos servirán para estar preparados para calquera emerxencia. 

Grazas á Unidade Docente Multidisciplinar de Atención Familiar e Comunitaria da Área Sanitaria de Ferrol por facelo posible.

Ningún comentario: