venres, 19 de xaneiro de 2024

Ler con...D: Leo conta Chibos Chibóns

 
Preme na imaxe superior se queres ver máis fotos.

Comeza a tempada de "Ler con... D", na que o alumnado de 5º e 6º de Primaria comparten tempos de lectura cos peques do cole, dentro do proxecto de voluntariado do programa de Bibliotecas Solidarias e polo que o ano pasado fomos premiados.

E comeza Leo con Chibos chibóns, un conto marabilloso no que Olalla González adapta para os primeiros lectores un conto popular europeo, nesta versión publicada por Kalandraka creada especialmente para ser contada. 

En Chivos chivóns, os máis pequenos encontrarán un xogo de tamaños, números e sons que a través das páxinas do libro, do que como vedes non perderon detalle.

E por se algúen quere volver a escoitar o conto, podédelo facer neste vídeo.


Ai, cómo gozamos destas contadas! 
Grazas Leo. Xa sabes que podes repetir cando queiras.

Ningún comentario: