martes, 30 de abril de 2024

Feira do Libro no IES de Catabois

Como cada curso agradecemos infinitamente ao IES de Catabois a súa xenerosidade por invitarnos nestas datas a pasar unha mañá de  moitas actividades compartidas con ex compañeiras e compañeiros, aos que nos encantou ver de novo. Sempre acertan coas propostas, sempre, ano tras ano. 

Hoxe gozamos dunha excelente exposición, charla, obradoiro, creo que podemos dicir un tres en un, con Manel Cráneo. Gustounos moitísimo! Agardamos a posibilidade de que o vindeiro curso poida visitar o noso centro. Paga a pena!!

Preme nesta foto para acceder ao álbum.


Despois tivemos un tempo para gozar cos xogos populares no pavillón do instituto e visitar o Mercadillo do libro de segunda man, do que non hai fotos porque estabamos ocupados en mercar libros.

E por último, bocatas e auga para unha boa merenda. E autobús para non nos mollar!!!

Pois iso, MIL GRAZAS ao todo o equipo docente que fixo posible isto!!!! Oxalá poidamos seguir compartindo estas xornadas moitos anos máis!

1 comentario:

Mª Teresa Gómez Cheda dixo...

Agradecidos a vós pola asistencia e, sobre todo, pola implicación do voso alumnado que fixo uns traballos excelentes.

Parabéns por todo o que conseguides botar a andar!

Unha aperta para alumnado e docentes en nome do IES de Catabois.