luns, 29 de abril de 2024

Club de lectura: Quen salva un can?

Hoxe tivo lugar o terceiro encontro do Clube de Lectura, desta vez para falar sobre o libro de Érica Esmoris, Quen salva un can?, publicado pola editoiral Xerais.

Que farías ti por salvar o teu can? Rai, o noso protagonista, faríao todo. Por amor á súa cadela Nona, Rai lánzase á aventura máis disparatada e, por momentos arriscada, na terra onde os cans falan.
Conducido polos cans Brutus Máximus, Matateu von der Lempertaler, Sete e Garlapata, e pola gata Laika (voluntarios da impopular asociación Amigos dos Humanos), Rai terá que atravesar as montañas Xemelgas, cruzar o bosque Escuro, superar o río Inquedo e, o máis importante, descifrar o corazón dos cinco voluntarios. 

Un libro para falar de aventuras, emoción e humor nunha historia de busca e repleta de sorprendentes achados.


O que nos fai conectar coa historia de Chuchel,  un xogo cómico de aventura dos creadores de Machinarium, Botanicula y Samorost.
Nesta historia de ficción dixital teremos que unirnos ao peludo Chuchel e ao seu rival Kekel na misión de alcanzar unha preciada cereixa a través de numerosos desafíos!
Cun sentido do humor desenfadado, música e efectos da banda DVA - galardonada en los Premios IGF - sacaranlle un sorriso ate o máis serio.

Isto non fixo máis que comezar!

Ningún comentario: