luns, 29 de abril de 2024

Andaina por Serantes

Hoxe, despois de recibir ao Goya de Chelo Loureiro, oa maiores de 5º e 6º realizaron unha andaina por Serantes para visitar e coñecer de primeira man os espazos que aparecen nos proxectos nos que traballou o  grupo ou nos que está a traballar. 

Preme nesta primeira fotografía para acceder ao álbum.

Pasamos unha moi boa mañá, na que aproveitamos para facer unha parada no lavadoiro de San Jacinto, moi perto do cole, regado coas augas do Regato de Aneiros, que vai desembocar no Río da Sardiña. 

Logo continuamos ata o cemiterio parroquial de Serantes (xa desvelaremos máis adiante o motivo desta visita) onde visitamos as foxas comúns dos fusilados durante a Guerra Civil, achegámonos unha das capelas máis antigas da cidade, que se atopa neste mesmo cemiterio e que data do século XVI, a Capela de Serantes e, por último, a sepultura do ilustre escritor ferrolán nado e soterrado en Serantes, Gonzalo Torrente Ballester.


Regresamos ao cole pasando polo Centro de Saúde, antiga ubicación do Concello de Serantes, antes de que pasase a formar parte do Concello de Ferrol,  cun momento de reflexión diante da placa en lembranza ao último alcalde republicano, D. Alejandro Porto Leis e outros tres veciños fusilados en febreiro de 1938. 




Por último, parada técnica no campo de Aneiros e con folgos renovados, de novo camiño ata chegar ao cole.

E de momento, só podemos contar ata aquí...

Ningún comentario: