luns, 29 de abril de 2024

Goya na nosa biblioteca

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo.

Goya non veu só, senon que veu coa súa dona. Hoxe pola mañá tivemos o privilexio de que Chelo Loureiro visitase a nosa Biblioteca e compartise con nós o seu cuarto premio Goya á mellor curtametraxe de animación pola película "To bird or not to bird", na que a través das traxicómicas vivencias dos paxaros proxecta a súa mirada crítica sobre o mundo actual.


Se aínda non o viches, aquí tes o "trailer" do filme.


Agradecemos a súa xenerosidade e o tempo que pasou con nós contándonos moitos detalles  do traballo que conleva facer unha película de animación.

Desbordou paciencia contestando preguntas, asinando autógrafos, facendo fotos... 






Moitas grazas, Chelo e moita sorte co novo proxecto, que tivemos a sorte de ver en primicia. 

Ningún comentario: