xoves, 23 de maio de 2024

Ler con...D: Irene conta "Tengo un volcán"

E como onte lle dixemos que podía voltar cando quixera a contarnos un conto, Irene, que é unha grandísima lectora - poderíamos dicir que incluso devoradora de libros -, fíxonos caso e hoxe a tiñamos de volta cun libro debaixo do brazo. 

Nesta ocasión tratouse de "Tengo un volcán", escrito por Miriam Tirado e inconfundíblemente ilustrado por Joan Turú

Preme nesta imaxe para ver máis fotos.

Todos e todas sabemos que sucede cando nos enfadamos, que de repente un fervedoiro emocións recorren o teu corpo como se fosen lume ata que saen pola boca, ou polas mans, ou ata polos pés. Pero tamén sabemos que non é a forma máis axeitada de expresar a nosa rabia, verdade? 
Pois aquí temos esta historia para atopar xuntos eses camiños para deixar correr a lava que ás veces nos sae desde dentro. Quereder voltar a ver o conto? Pois aquí o tedes!



E como é un tema que nos toca moi de preto - ehem... - pois xa vedes o atentísimos que estivemos.
Grazas Irene  pola contada!

Ningún comentario: