mércores, 22 de maio de 2024

Ler con... D: Irene conta "No abras este libro"

E seguimos co noso voluntariado de lectura. Desta volta Irene conta:"No abras este libro!", de Andy Lee. Peeeeroooo... en serio??? e se non o abrimos como imos lelo!

E Irene veña a dicir...  ¡Solta este libro XA! Busca por aí e... escolle outro! NON leas este!!! Escoitei que sete libro está ENCANTADO! Non te podes arriscar. É mellor que vaias xogar! ou a dar un paseo! Vaite a facer calquera outra cousa, pero sobre todo... NON ABRAS ESTE LIBRO!!!

Preme nesta foto para ver máis.

E claro, cun inicio coma este, non hai público que se resista. Así que como xa tiña a todos os peques no bote, non lle quedou máis remedio que abrir este libro e... contalo, claro!
Grazas Irene, podes voltar cando queiras a contarnos outro!!!

Ningún comentario: