Hoxe tivemos a grandísima sorte de que Andrea Maceiras viñera a visitar a nosa biblioteca, grazas á Editorial Xerais. Veu para falar do seu libro Alma de elefante, libro recomendadísimo, que foi unha das primeiras lecturas do noso Club de Lectura e que tamén leuse colectivamente na aula de 5º e 6º de Primaria.
Veu falar do seu libro, claro, pero tamén falounos da historia oculta nel, que nace nas primeiras follas... xusto incluso antes de que comece a historia. "Alma de bolboreta", é a historia que inspira o nacemento dun libro e que nos axuda a comprender como xurde a inspiración nas propias vivenzas.
Como podedes ver, non só a historia de Alma de elefante atrapou á rapazada, senon tamén todo o que saía pola boca de Andrea Maceiras. Conectou con nós dunha forma moi especial e levounos ata a selva de Sat Naapa para atoparnos coa velliña Champey e descubrir a nosa alma. Tigre? Dragón? Paxaro?
De que tes alma ti? Andrea, sen dúbidas, ten alma de bolboreta.
Asinou os seus libros e deixounos unhas fermosísimas liñas no libro de visitas. Un pracer, Andrea! Podes voltar cando queiras. Esta é a túa casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario