Si, si... escoitaches ben. Non falamos do temido Lobo Feroz, senon dun lobo empeñado en sacarnos da cabeza tantas faladurías como del se din, xa que o máis importante é ser feliz e a felicidade está...
Para sabelo teredes que escoitar a Miguel Guido - a quen ao mellor coñecedes dos Bolechas - facendo de Lobo Feliz ou ler o conto que este lobiño bon deixounos na nosa biblioteca.
A verdade é que foi unha sesión fantástica na que o público gozou coas andainas deste particular lobo que de seguro a máis dun, deixaranlle unha forte pegada no corazón.
Preme nesta fotografía para acceder ao álbum completo.
Auuuuuu!
Ningún comentario:
Publicar un comentario