venres, 24 de maio de 2024

Oooooommmm.... Outra sesión de ioga na escola!

Nos encanta facer ioga porque é divertido... é como estar xogando. Imitamos a Lali e focalizamos as nosas enerxías de forma positiva. Con posturas que parecen animais ou elementos da natureza, a nosa imaxinación transpórtanos a un lugar de fantasía. Aprendemos a relaxarnos, a concentrarnos mellor e a ser máis conscientes do propio corpo. Ademais, cando o facemos xuntos, tamén traballamos en equipo e aumenta a nosa autoestima. 

Preme nesta imaxe se queres ver algunha fotiño máis.

A verdade é que non se pode pedir nada máis, a que non? Pois preparádevos familias, que na próxima sesión estades convidados!

Ningún comentario: