xoves, 23 de maio de 2024

Unha horta que traballa soa!

Si, si... esta é a idea que nos transmite Pablo "Peibol" cada vez que nos visita. A horta ten que traballar para nós, e non nós para a horta, ainda que lle axudemos un pouco, claro está!

Preme nesta foto para acceder ao álbum deste día.

A permacultura é como unha festa da ecoloxía no xardín. En lugar de loitar contra a natureza, unéste a ela creando un ecosistema autosuficiente e en armonía co entorno. Trátase de empregar os recursos de xeito intelixente, reciclar e facer da horta un espazo verde e sostible. E o estamos a conseguir!

Así que aí temos a todo o bicherío traballando para nós, as miñocas aireando a terra e enriquecéndoa e os caracois papando as herbas que non queremos! Isto si que é un equipo cooperativo de verdade!

Cánto aprendemos cando conectamos co que nos rodea!
Grazas "Peibol", xa estamos desexando que volvas!

Ningún comentario: