venres, 7 de xuño de 2024

Un obradoiro de radio con Damián Alonso.

Recordades a Damián Alonso do Lectura e familias de hai dous anos? Pois este venres voltou ao noso cole para facer un obradoiro de radio coas nenas e nenos de 3º a 6º de Primaria. 


Antes do recreo, cada grupo tivo unha sesión na que Damián nos explicou o que é un podcast e nos deu ideas de que temas poden tratar. Ademais, axudounos con moitos consellos para que queden mellor.

A continuación, puxemos ás nosas voces a punto con algúns diálogos que tivemos que interpretar e, finalmente, comezamos  a escribir os nosos propios guións e a ensaialos tal e como Damián nos suxeriu.






Despois do recreo, estábamos preparados para grabar os nosos programas de radio que quedaron así. Esperamos que vos gusten!


Por máis días así, na Biblio Xoán Farias!

Ningún comentario: