luns, 28 de outubro de 2024

SAÍDA MICOLOXÍA

                                                                  Pincha AQUÍ para ver máis fotos

O pasado venres 25 visitamos a carpa da Semana Micolóxica no Cantón de Molín. Xoel Ponce gañou o premio á ilustración co que posteriormente fixeron o cartel anunciador. Un bo traballo!! 

 Na carpa tivemos a sorte de escoitar as explicacións do representante da Asociación micolóxica Viriato, Pepe Bouso, quen nos contou cousas moi interesantes sobre moitos dos fungos que se atopaban alí, apreciamos cores, texturas, olores, soubemos das súas características e usos, falou da toxicidade de moitas delas pero tamén do riquísimos que están outros cogomelos.  



A continuación, subimos ata Canido para visitar o Museo da Sociedade de Historia Natural. Berta guiounos polas salas explicándonos un sinfín de detalles en cada un dos espazos. Como foi unha visita relámpago, quedamos en volver a vernos moi axiña... Atoparemos un oco?



Ningún comentario: