AULA DE AL Y PT
Boas déixovos algunhas das actividades realizadas na aula de PT e AL esta semana pasada.
Estivemos
no mercado da Chispa do cole , onde xogamos a mercar e vender. De
esta maneira traballamos o valor e o prezo dos produtos , os euros,
os pagos , as habilidades sociais , a alimentación saludable , etc.
A verdade é que este mercado mola moito e non lle fatal detalle (
se vos fixades todo esta feito a CROCHET.
Tamén estivemos a
traballar outras cousiñas coma:
- Os números decimais de maneira
manipulativa e visual.
-A grafomotricidade a través da pizarra
dixital ( a grafomotricidad das letras é un aspecto fundamental no
desenvolvemento das habilidades da escritura no alumnado). Ben
certo é que esta pantalla permitiunos traballar de maneira moi
cómoda a grafo e reducir a presión que exercen algúns alumnos/as
sobre o papel .
- A produción , percepción e corrección dos
fonemas róticos /R/ en diferentes contextos lingüísticos.
-
Traballo da linguaxe expresiva e comprensiva a través de imaxes
coñecidas e familiares ( posteriormente escribimos na pizarra
dixiital ditas oracións).
Ningún comentario:
Publicar un comentario