A verdade é que non tivemos oportunidade de ensinarvos o preciosa que quedou a porta pola igualdade que a véspera da suspensión das clases por mor do covid-19, o pasado 16 de marzo, Blanca Vila andou a darlle os últimos retoques.
Trátase dunha intervención sobre a porta da Biblioteca que separa a parte de consulta da Biblioteca do resto dela. Temos esa porta case sempre aberta, pero ás veces, vainos moi ben pechala xa que permite ter actividades moi diversas na biblioteca de forma simultánea.
luns, 27 de abril de 2020
Portas pola igualdade da man de Blanca Vila
Publicado por Chispa
1 comentarios
Etiquetas:
A nosa Biblioteca,
Blanca Vila,
Creando novos espazos,
Ferroláns,
Ilustración,
La Voz de Galicia
luns, 25 de abril de 2022
Pintando portas con Blanca Vila
Blanca Vila de novo polo cole? Que estará a facer? Evidentemente, o que mellor sabe: PINTAR
Dentro dunha das nosas iniciativas dos Contrato Programa Inclúe, IGUÁLA-T, que ten como finalidade visibilizar o papel das mulleres ao longo da historia para alentar a participación feminina en todos os ámbitos de coñecemento, libres de estereotipos, pedímoslle a Blanca Vila que fixera uns deseños para decorar as portas das nosas aulas. Comezamos polas tres aulas que teñen un carácter máis especial:
O Mercado de Chispa, para o que lle pedimos un debuxo que representara a cooperación entre sexos.
A aula de proxectos, para quen escollimos a Ángela Ruíz Robles, percursora do libro electrónico e que fora ademais mestra na escola de nenas de Serantes.
E a aula de música, que quixemos adicarlle a Guadi Galego, unha das máis salientables artistas galegas contemporáneas e que ademais sentimos moi próxima xa que fora mestra no noso cole o ano que grabamos "Vente a Pazos", lembrades?
E para facer lo que mellor axuda que un exército de mans pequenas dispostas a experimentar. Ui, ui, ui... tarefa un tanto perigosa pero a mar de entretida. E se non, velaiquí as fotos.
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Blanca Vila,
CP Inclúe,
Creando novos espazos,
Guadi Galego,
Iguala-T,
ODS,
Portas de Blanca Vila
mércores, 12 de maio de 2021
Un patio para emocion-arte. Pintando con Blanca Vila.
Este ano máis que nunca, no que o distanciamento social é norma, precisábamos crear algo na nosa escola que nos emocionara. Así que mans á obra.
Tras un proceso de reflexión decidimos encher o noso patio con cores que falen das emocións, do que nos gusta e o que nos disgusta, o que nos fai felices e o que nos da medo... Visibilizando os nosos sentimentos somos capaces de xestionalos. Así, entre todos e todas, facemos que o noso patio sexa un espazo único para a convivencia e a inclusión.
Pensando e pensando, animámosnos a realizar unha intervención artística sobre o muro gris que tiñamos na zona das gradas, para o que pedímoslle colaboración a Blanca Vila. Coñecédela, verdade? Blanca é unha ilustradora ferrolá vinculada ao Movemento das Meninas de Canido e que xa deixou a súa pegada noutros lugares do cole. Podedes ver esas "pegadas" premendo aquí.
Cada grupo, tras falar sobre as emocións en sesións de titoría, do que nos fai sentir ben e o que nos desagrada, realizou un deseño que simbolizase as súas inquedanzas sobre o tema. Xuntámonos así con 64 deseños, un por cada neno ou nena da escola, para formar un mural colectivo para emocion-arte. Creamos entre todos e todas algo que nos fai sentir o patio como propio, un lugar de encontro e un espazo para a convivencia.
Blanca Vila foi a encargada de trasladar os nosos deseños á parede e acompañounos en todo o proceso creativo. Moitas grazas pola axuda.
Ai... si, si! Que faltan as fotos do proceso. É verdade!
Pero isto é só unha mostra. Preme en calquera das fotos se queres velas todas, todas, todas.
Aínda non está rematado, non vos vaiades pensar. Fáltanlle os pequenos detalles e... ata aquí podedes saber.
Non vos perdades o resultado final, eh?
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Arte,
Blanca Vila,
Creando novos espazos,
Emocion-arte,
Inclusión,
Patios Divertidos,
Patios Inclusivos
venres, 28 de maio de 2021
Pero quen anda por aquí de novo?
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
Blanca Vila,
Emocion-arte,
Patios Divertidos,
Patios Inclusivos,
Xices de cores
martes, 22 de xuño de 2021
Chegamos ao final de curso! Máis un ano toca despedirmos.
Hai 10 meses comezabamos este curso 2020/2021 con moitos medos e inquedanzas, cos arelos postos na vacinación e confiando nuns protocolos que nos manterían nun entorno seguro dentro do cole: desinfección de espazos, lavado de mans, distanciamento social, materiais de uso individual, reducción da cabida dos espazos comúns e un sinfín de normas que fixeron posible que chegáramos ata o final.
Pasou de todo neste curso, confinamentos incluídos... pero de todo o vivido podemos sacar unha ensinanza: que xuntos somos máis fortes e que apoiándonos uns nos outros, case, case, somos invencibles!
Así que hoxe tiñamos moito que celebrar. E fixémolo cun montón de xogos. Como sempre, sen romper os grupos de convivencia estable, pasamos por catro estacións:
No ximnasio os peques tiveron xogos de movemento e os de Primaria tiveron a sorte de contar cun profe moi especial: Adrián, do clube de Tenis de Mesa Narón que lles ensinou moitas destrezas básicas para darlle ás pas e perfeccionar a técnica.
Despois, na pista polideportiva, tivemos unha sesión de xogos predeportivos coa profe Araceli. Os peques xogaron aos robots e ao pato-pato-oca, e os maiores decantáronse polo brilé e outros xogos.


Na Biblioteca estaba Tamara cun obradoiro de chapas, no que deixamos voar a creatividade elaborando deseños do máis orixinal.
E no Salón de Actos, coa profe Erea, tivemos sesión de "Just-Dance" para os peques e rebuldeir@s e "karaoke" para tritóns e maiores.
E despedidas, sinaturas de recordo dos compañeiros, sorrisos enmascarados, bágoas, confidencias de último momento, e sobre todo bos desexos para os que comezan unha nova etapa.
Publicado por Chispa
0
comentarios
Etiquetas:
ANPA,
Bibliotecas Creativas,
Blanca Vila,
Fin de Curso,
Impresión 3D,
Matespazos,
Mirada de Madrina,
Premiados,
Retos,
TIK TOK,
VII Edición,
Xices de cores,
Xogos