xoves, 11 de xaneiro de 2024

Visita ao MuNCyT

Comezamos este segundo trimestre cunha saída ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, (MuNCyT), na que todo o alumnado puido gozar dunha xornada interesantísima na que se achegaron á historia da ciencia e a tecnoloxía con selo patrio.

O museo ofrece diversas propostas divulgativas desenvolvidas arredor da colección e en relación coas diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas como as visitas guiadas e os xogos de pistas, adaptados aos diferentes niveis educativos, así como a participación en obradoiros orientados á reflexión, experimentación e comprensión de fenómenos científicos relacionados coa colección do museo.

Os peques de Pazos realizaron a proposta de "TODOS A BORDO", cuxo obxectivo é coñecer os medios de transporte a través de pezas do museo e a creación de helicópteros ou outros obxectos de papel cos que experimentar para comprender os principios básicos do seu funcionamento.

Preme nesta imaxe para acceder ao álbum con todas as fotografías.

@s rebuldeir@s do cole, completaron a súa visita percorrendo ademais, a exposición "LABIRINTOS DO CEREBRO", con dinámicas participativas en equipo.

Os maiores do cole realizaron a actividade "DESAFÍOS MUNCYT", un percorrido polo museo resolvendo unha serie de retos e actividades onde co apoio dos divulgadores, descubriron por si mesmos as cousas sorprendentes que agochan as exposicións.





Foi unha xornada moi fructífera e que de seguro dará pe a grandes proxectos neste novo trimestre. 
Pero antes de marchar, unhas fotos para o recordo!

Ningún comentario: