luns, 18 de abril de 2016

XADREZ NA BIBLIOTECA









 Pois nin máis nin menos, así de claro o tiñan cando á volta dos Encontros de BBEE en Santiago, vexo o cartel para anunciar a Semana do Xadrez na Biblioteca, colgado no corredor que dá ao patio. Cartel, fichas para repasar teoría, normas, e diplomas preparados!!! Iso si que é eficacia!

Foi unha semana moi condensada, con moitas partidas e incluso algúns momentos de tensión, pero todo moi deportivo, tamén hai que dicilo. O gañador absoluto foi Borja Laplaña Crespo, de 6º; e a segunda vencedora, Sabela Fernández González, de 6º tamén. 
Temos que felicitar ás organizadoras -Elia, Alejandra, Sofía e Irene- por ser quen de poñer en marcha elas soas este pequeno proxecto; por organizarse e por promover esta actividade. E claro, felicidades a Sabela. Non sei se os vencidos pedirán un desquite para antes de que acabe o curso...

Ningún comentario: