martes, 30 de outubro de 2018

E OUTRO CONTO MÁIS: "OS FANTASMAS NON PETAN NA PORTA"

https://photos.app.goo.gl/Vn7ZoCTmoVp1sHzA8

https://photos.app.goo.gl/Vn7ZoCTmoVp1sHzA8
Mario tiña ganas de contar un conto e soubo como convencer a Rosa para que fose a súa "compañeira contacontos". Escolleron "Os fantasmas non petan na porta", de Eulàlia Canal, da Editorial Algar, e, hoxe pola mañá: CONTOOOOO!!! Por certo, está ilustrado por Rocío Bonilla. Encántanos! Sóache esta ilustradora. Entra na súa páxina...
Mario estase convertindo nun contacontos experimentado!!
"O Oso e a Marmota son grandes amigos e sempre brincan xuntos. É xenial atopar tesouros ou cantar e bailar como se fosen estrelas. Mais unha tarde, o Oso dille á Marmota que convidou o Pato a brincar con eles. Non pode ser! Á Marmota non lle chista o Pato. Nin o Pato, nin ningún outro animal que poida estragar a súa amizade en exclusiva co Oso. Por iso está decidida a evitar que o Pato vaia enredar con eles. E será quen de facer o que sexa necesario!"
GRAZAS, MARIO E ROSA!
QUEREMOS MÁIS COMA ESTE. SERÁ POSIBLE??
 

domingo, 28 de outubro de 2018

COMO? OUTRO CONTO?... EL COMELIBROS

Marta, María e Gaia sorprendéronos este venres con "El Comelibros", de Comotto. Un novo contacontos na HORA DO RECREO para gozar duns momentos xuntos na BIBLIOTECA coa boa historia que garda este álbum ilustrado:
"El protagonista del libro, el señor B., devora de forma compulsiva todos los libros que se ponen a su alcance. El álbum desarrolla una metáfora en torno al valor de la lectura y la escritura, con una historia circular que muestra el nexo indisoluble que las une: las sabias letras, que primero impregnaron la camisa –y acaso el espíritu– del protagonista, regresan como por arte de magia a los libros que aún están por leer. Las imágenes que consiguen singular expresividad con una particular composición de tonos en blanco, negro y ocre."
Moitas grazas ás tres por continuar sumando esforzos e compartindo momentos cos vosos compañeiros e compañeiras. 





mércores, 24 de outubro de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: COMEZA A TEMPADA DE CONTACONTOS!

https://photos.app.goo.gl/JFhYY46UNrKbBSJt5
Hoxe DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES tivemos a sorte de contar coa colaboración de Celine. Escolleu este día para inaugurar a tempada dos CONTACONTOS NA HORA DO RECREO. Contounos "LA VACA VICTORIA", un libro de Nono Granero Moya, seleccionado no 2015 para os prestixiosos premios White Ravens. E como vedes, tivo un éxito rotundo de asistencia.
Empezar un libro con la muerte de la protagonista es más propio de una novela negra que de un álbum infantil, pero así empieza La vaca Victoria y aquí reside su gracia. Siguiendo el modelo de cuento circular de tradición popular el narrador se pregunta ¿Y de qué murió la vaca Victoria? Y va enumerando posibles causas humorísticas haciendo de estas el meollo del cuento rimado. Un cuento ideal para la narración oral en el que se invita a los oyentes a completar el relato siguiendo el esquema del cuento y ateniéndose a la rima. 
Moitas grazas, Celine, por este primeiro conto. Esperamos poder verte máis veces ao longo do curso, e que animes ás túas compañeiras e aos teus compañeiros a participar desta actividade.
Queredes ver un vídeo que atopei mergullándome na rede?
Déixovolo aquí. Por certo, así aparece a noca na nosa páxina de Facebook, mmmm...

FROITAVÉN






Segundo a información tirada da Revista MUY INTERESANTE, as PERAS teñen as seguintes Propiedades:
 De acuerdo con la USDA National Nutrient Database, una pera mediana (de aproximadamente 178 gramos) contiene 101 calorías, 0 gramos de grasa, 27 gramos de carbohidratos (incluyendo 17 gramos de azúcar y 6 gramos de fibra) y 1 gramo de proteína. Así, comernos una pera al día nos aporta el 12% de las necesidades diarias de vitamina C, el 10% de la vitamina K, el 6% de potasio y pequeñas cantidades de calcio, hierro, magnesio, riboflavina, vitamina B-6 y ácido fólico. No olvidemos que las también contienen carotenoides, flavonoides y antocianinas (en las peras de piel roja).
Se queres, podes probar a facer algunha receita doada coma esta que nos propoñen no programa COCIÑA CON CLAN . Tan só necesitas unha pera, un kiwi, unhas uvas e algo de imaxinación... Mola, non?
 

domingo, 21 de outubro de 2018

xoves, 18 de outubro de 2018

FROITAVÉN









venres, 12 de outubro de 2018

mércores, 10 de outubro de 2018

UNHA RIMA DOADA








martes, 9 de outubro de 2018

FROITAVÉN

A pasada semana comezamos a campaña de froita na escola grazas á ANPA do centro: FROITAVÉN!
Mañá, ás mazás do mércores pasado, vanlle seguir sandías e melóns. Xa que o verán non quere marchar de todo, aproveitemos estas deliciosas froitas!

https://es-es.facebook.com/pages/category/Education/Anpa-Pazos-354608481598986/
GRAZAS, ANPA, UNHA VEZ MÁIS!

luns, 8 de outubro de 2018

A VENDIMA DE INFANTIL

https://photos.app.goo.gl/QWj3fxGEmn1dXqp1A

E para acompañar as fotos da vendima que fixeron en INFANTIL,  aquí vos deixamos:
A FÁBULA DE ESOPO "A RAPOSA E AS UVAS"

Unha raposa, morta de fame, viu ao pasar, penduradas da vide, alguns acios de fermosas uvas negras e maduras.
Ela  usou  todas as súas argucias e artimañas para collelas, mais como estaban fóra do seu alcance, acabou cansa e sen folgos, e nada conseguiu.
Despois dun tempo deu media volta  consolándose a si mesma, e medio desanimada dixo:
A verdade é que, se miro con máis atención, vexo que as uvas aínda están moi verdes, e non maduras coma eu pensei ao principio.

Sentenza: A miúdo os homes e as mulleres finximos desprezar aquilo que arelamos e non podemos conseguir.