martes, 2 de outubro de 2007

CHISPA TRAE AGASALLOS












Hoxe veu Chispa ao noso cole. Sabiamos que chegaba porque escoitamos a súa música; sempre soa cando vai aparecer, pero déixanos a súa maleta con algunha sorpresa e nunca conseguimos vela. Escápasenos sempre!
Chispa enviounos unha carta a cada ciclo onde dicía que xa se enterara de que o próximo luns empezaremos a "HORA DE LER". Como está tan contenta, enviounos por adiantado unhas mochilas de agasallo. Temos que prometerlle que disfrutaremos dos 20 minutos que cada día imos ler e tamén que habemos de contaxiar a todos os que poidamos.
Empezou a conta atrás: o luns "HORA DE LER".

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Pero que sorte tedes con esa meiga chamada CHISPA que sempre ten na maleta algunha sorpresiña. Así calquera vai contento á escola. Veña, agora a LER moito.

Anónimo dixo...

Ola somos alumnos/as do CEIP de Pazos e gustáronnos moito as mochilas, grazas Chispa

(chis,chis plof,plof)

Anónimo dixo...

Pois si temos moita sorte de ter a chispa porque grazas a ela temos moitos agasallos e sorpresas como a do antonte que foi unha obra de monicreques.E sempre temos agasallos coma unhas mochilas, libros,axendas para apuntar os libros que ibamos lendo.
De tres nenas.