Este é o conto que os nenos e nenas de 2º prepararon para nos contar ao resto do colexio. ¿Que vos parece?
Érase unha vez uns nenos de segundo que estaban no colexio: David, Paula, Fábio, Andrea, Ramiro, Elisa, Zeltia e Rocío.
Como era a festa do Samaín, decidiron darlle un susto á mestra. Disfrazáronse de vampiros, bruxas e pantasmas.
Puxeron enriba da mesa da mestra unha cabaza que daba moito medo.
Apagaron as luces e, cando chegou a mestra, levou un susto de medo e caeu de cu.
Ha, ha, ha, ha, ha...!
Se queredes ver a versión orixinal a un bo tamaño podedes pinchar aquí ou ir ao noso Club de creación.
1 comentario:
Noraboa David, Paula, Fábio, Andrea, Ramiro, Elisa, Zeltia e Rocío. Fixestes un conto moi bonito. Estou desexando que fagades outro moi axiña. En breve pasarei polo colexio coa maleta chea de libros. Un bico moi grande de Chispa.
Publicar un comentario