mércores, 7 de novembro de 2007

"HORA DE LER": HOXE CUMPLIMOS UN MES.





O oito de outubro comezamos con esta actividade nas nosas aulas e, despois do primeiro mes, queremos compartir con todos e todas esta experiencia: FUNCIONA!


É un agasallo de tempo, que non é pouco, que lles facemos aos nosos alumnos e alumnas e que nos facemos a nós mesmos, adicado exclusivamente á lectura; sen interrupcións, nin interferencias, sen ruído, sen televisión... Con tranquilidade, con silencio, con historias, contos, con imaxinación, aventuras, con todo por aprender, con todo por descubrir e nada que perder: "HORA DE LER" .

3 comentarios:

Anónimo dixo...

¡Feliz cumplemes! Nós cumplimolo mañá, pero e experiencia é a mesma: un momento de paz no día, de disfrute, de lectura,..¡Por moitos anos!

Anónimo dixo...

¡Feliz cumplemes! Nós cumplimolo mañá, pero e experiencia é a mesma: un momento de paz no día, de disfrute, de lectura,..¡Por moitos anos!

Anónimo dixo...

Os nenos/as de 4º estamos moi contentos por ter 20 minutos de hora
de ler.
Un saúdo para Chispa de Gloria.