martes, 13 de noviembre de 2007

HOXE, NO PATIO, BAILAMOS AS BUXAINAS



Xa que o venres tivemos tantas actividades fóra do colexio, hoxe tocounos bailar as buxainas no recreo. Esta actividade non acaba aquí, senón que seguiremos animando a máis xente. De momento cada neno e cada nena xa ten a súa buxaina para practicar como se ve nestas fotos. ÁNIMO...
Recordades esta canción do Grupo Ledicia
Unha, dúas, tres,
catro, cinco, seis,
sete, oito, nove e dez.(bis)
Teño unha buxaina,
baila, baila, baila. (Bis)
O mesmo no chan
ou pola man ela non para.(Bis)
Teño unha piola
tola, tola, tola.(Bis)
Tece do dereito
e do revés enfía soa.(Bis)
Coa miña buxaina
e a miña piola.(Bis)
Chámanme os rapaces
a ledicia da escola.(Bis)
Unha, dúas, tres,
catro, cinco, seis,
sete, oito, nove e dez.(Bis)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Si que é certo que nos unen na diversión! é un pracer vervos bailar a buxaina!!

Anónimo dijo...

Boísimo o grupo Ledicia, encántanme. Onte presentaron o seu último disco, nun concerto que mereceu a pena.

Anónimo dijo...

HOla, yo quería decir que fuí parte del coro Ledicia en el año que se fundó y que nos presentamos a Cantareliña (1983) y lo ganamos¡¡¡ Yo tocaba la flauta o pito gallego. Hace poco mi hermana pequeña le cantaba a su bebé de mes y medio esta canción pero no recordábamos bien la letra. Gracias. Estrella Pérez