venres, 23 de novembro de 2007

O mago Richard


Onte, 22 de novembro, o colexio recibiu pola tarde a visita do "Mago Richard". A ANPA do Centro celebrou por todo o alto unha festa que resultou ser un éxito, e o Mago Richard foi o broche de ouro. Hoxe nenos e nenas non paraban de falar da súa magnífica actuación, así que FELICIDADES.
Recordade que hai moitos libros que falan da maxia, na que nos podemos mergullar, atopando un mundo imaxinario e único, especial como en: "O milagre das estrelas" de Darío Xohán Cabana; toda a colección de "Kika Superbruxa", de Knister; ou "Harry Potter" , do que o vindeiro ano, o 21 de febreiro de 2008, sairá a última entrega: "Harry Potter e as Reliquias da Morte". "O zapateiro e os trasnos" ou "Alicia no país das marabillas", "Molly Moon", "O Atrapasoños" ou "Matilda" de Roald Dahl continúan a lista dos libros relacionados con ese mundo fantástico, pero podedes atopar moitos máis. Non perdades a oportunidade de ler estes libros, se aínda non os coñecedes; e non perdades a oportunidade de recomendalos aos vosos amigos e amigas. Que mellor agasallo? ;)

1 comentario:

Anónimo dixo...

A min gustoume moito a actuación do mago Richard.E fíxome moita ilusión participar con el .Regaloume unha cana de pescar que fixo el para o truco de pescar a carta.
Pablo Medín Carracedo