Hoxe é día 10 de decembro. É un día especial para celebrar nos colexios e así se fai desde hai moitos anos. Esta vez os Blogs das Bibliotecas Escolares de Galicia temos a oportunidade de amosarnos unidos no seu 60º aniversario e de compartir co resto das Bibliotecas Escolares este traballo que nos representa a todas.
"Dignidade e xustiza para todos nós" é o lema deste ano.
"Dignidade e xustiza para todos nós" é o lema deste ano.
Partindo da cita de Kofi Annan, que podiamos ler hai uns días nos nosos blogs, debemos chegar a comprender que:
"Os Dereitos Humanos son os nosos dereitos. Tomémolos, defendámolos, promovámolos, entendámolos e insistamos neles. Nutrámolos e enriquezámolos...Son o mellor de nós. Deámoslles vida"
1 comentario:
me encantan las ideas de los profes felicidades
Publicar un comentario